jueves, 19 de abril de 2012

Visita aos talleres de memoria

Durante estas semanas estivemos organizando a actividade do calendario de Cultivos e para elo, achegámonos ata os Talleres de Memoria da rede de Centros Sociais do Concello de Boiro. Estes talleres foron repartidos na medida da dispoñibilidade de cada un.

O xoves pasado tocoume ir ata o Taller de Memoria de Cures, donde ao informar da nosa actividade, os maiores se mostraron moi interesados e con ganas de participar. Mentres se lles explicaba o desenvolvemento da recollida de información para a realización do calendario, tamén lles mostramos a opción de facer un debate, xa que existen diferentes tempadas de cultivo para algúns productos. Como anécdota, contarvos que dúas señoras incluso se puxeron a debater cando se debían cultivar as patacas. 

Hoxe, dúas monitoras achegámonos ata o Taller de Memoria de Boiro para informar ao grupo dos xoves desta actividade. Non se mostraron tan interesados como os do grupo de Cures, algunha persoa ao decirlle que nos gustaría que participasen con nós, xa que eles son os que máis saben de estas cousas dixonos que, algúns andan pouco enterados no tema coma nós.

A visita a estos talleres servíronnos para armarnos de valor e enfrontarnos a un grupo de xente, algo que a algúns de nós nos segue costando un pouquiño máis que a outros.


miércoles, 18 de abril de 2012

Un recuncho para as experiencias.


Nesta entrada pretendemos, como xa vos avanzamos na presentación do proxecto, darvos a coñecer as nosas experiencias en tódalas actividades que realizamos. 

Neste caso en concreto, achegámosvos as experiencias de dúas das integrantes do Proxecto de Boiro Verde que se achegaron aos Talleres de Memoria de Cures e Escarabote para presentar a próxima actividade do Calendario de Cultivos, que terá lugar o próximo venres 20 en Cures e o 27 de abril do presente mes en Boiro ás 17:00 horas.

Aquí vos achegamos os relatos:

Experiencia do Taller de Memoria de Cures

Os próximos días 20 e 27 de abril, temos previsto facer unha serie de actividades coas persoas maiores, coa fin de recoller máis información de cara ao deseño do Calendario de Cultivos, o cal xa volo comentaramos anteriormente. Esta semana pasada decidimos visitar todos os centros socias, Bealo, Cespón, Boiro, Abanqueiro, Cabo de Cruz, Escarabote e Cures. Onde se imparten os Talleres de Memoria, para informalos  e invitalos a participar ás actividades que temos previstas estes días.
A finalidade principal deste tempo a compartir é recoller máis información sobre a momento de plantación e a recolecta de diferentes cultivos para despois preparar un “Calendario de Cultivos”, e quen mellor que as persoas maiores? Pensamos que é imprescindible acudir a elas para recoller esta información xa que son quen máis sabe sobre este tema, e de quen máis podemos aprender e compartir unha experiencia grata e de aprendizaxe.
As impresións que tivemos na visita ós talleres de memoria son moi gratificantes xa que tivemos moi boa acollida por parte de todos. A min en concreto tocoume ir ós talleres de Boiro e de Cures, e case todas as persoas que estaban alí lle resultaron interesantes as actividades e están dispostos a participar. Unha anécdota curiosa a comentar é que ao comentarlle as actividades que tiñamos previstas xa xurdiu o debate entre eles, por este motivo pensamos que poden resultar moi interesantes. Irémosvos informando, como sempre. 

Experiencia del Taller de Memoria de Escarabote

El día 15 de abril fui al centro social de Escarabote al Taller de Memoria organizado por Cruz Roja.
Allí me encontré con 15 señoras donde le explique que era Boiro Verde, y las actividades que llevábamos a cabo y le presenté la próxima actividad, del Calendario de Cultivos que queremos elaborar con información que quisiéramos que ellas participasen.
La verdad es que lo pase muy bien dado que allí entre algunas de las presentes ya se organizó un pequeño debate que ella no plantaba en este mes la lechuga y otras si.
Otras quisieron saber que más actividades llevamos a cabo, afirmando que ya habían oído hablar del Amadriñamento de árbores y que le parecía bien nuestra labor.
La mayoría de las presentes, lo tomó como algo muy productivo y con ganas de participar y así de paso aprender unas de las otras.


Unha vez máis, grazas pola vosa atención.



viernes, 13 de abril de 2012

Aprazada a Ruta de Senderismo do 14 de Abril.

Como ben sabedes, tiñamos previsto unha actividade para o día de mañá, a ruta de senderismo Rebordelo - Cabo de Cruz. Debido a que o tempo non nos está acompañando nas actividades previstas, tivemos que aplazala.
Realizarémola cando o tempo nolo permita, polo que vos manteremos informados sobre o día no que se levará a cabo. 

Se alguén está interesado en dita actividade, que se poña en contacto connosco mandándonos un correo a boiroverde2012@gmail.com


miércoles, 4 de abril de 2012

Semana do 26 ao 31 de marzo

Esta semana entregouse nos Talleres de Memoria de Cruz Vermella -concretamente o martes e o xoves- as fichas en relación coa plantación e recolleita dos cultivos, ficha que nos servirá para o deseño principal do calendario.


Tamén quedamos para a planificación da ruta: decidimos a ruta que íamos facer, o horario e todo o material imprescindible para recoller toda a información precisa na posterior realización da topoguía, os carteis e o tríptico. Estivemos en contacto con un dos membros de vintedouspés, que nos asesorou á hora de deseñar a ruta de sendeirismo. 
O venres tivemos unha reunión para aclarar por onde pasaría a ruta e os puntos nos que nos encontraríamos os vertedoiros incontrolados. Finalmente o sábado realizamos a ruta. Resultou ser dunha duración de case tres horas con paradas en puntos de interés incluídas. Aínda así posteriormente decidimos prescindir dunha pequena parte para non arriscarnos a que fose demasiado longa. 


Iso foi todo por esta semana.







Video actividades 24 Marzo

  

Moitas gracias a Laura a Javier e a Carla por participar no vídeo! 

martes, 3 de abril de 2012

Semana do 19 ao 24 de marzo.

Nesta semana, como todos os lunes, achegámonos a Radio Boiro, na cal falamos do aprazamento das actividades do día 17 pola situación meteorolóxica, para o día 24 de abril ás 12 da mañá na rúa peonil. Tamén comentamos outra actividade a desenvolver que é o "calendario de cultivos" con persoas maiores, convidándoos a participar nas mesmas.
Tamén cambiamos os carteles informando de que se aprazaban as actividades.
Noutras das quedadas tamén se realizou unha listaxe cos cultivos a contemplar na ficha que se realizaría a semana seguinte coas persoas maiores nos "Talleres de Memoria", os cales leva a cabo Cruz Vermella.