lunes, 26 de octubre de 2015

Feira Ecolóxica I

 
    O sábado 10 de outubro realizouse o primeiro mercado ecolóxico, detrás do Centro Social, nos soportais dos edificios.

    Dende Boiro Verde fixémoslles xogos de  concienciación medioambiental aos nenos e nenas. Ó finalizar regalámoslle unha medalla, un diploma e un piñeiro(que doou o centro de xardinaría de Espiñeira) a cada un.



Señora mercando alimentos ecolóxicos.





Debuxo feito cos nenos que acudiron as actividades do mercado.




Piñeiros cedidos polo Centro de Xardinaría de Espiñeira.



jueves, 22 de octubre de 2015

Mellorando o Litoral


O pasado sábado 17 de outubro, tivo lugar, na praia de carragueiros, unha retirada de plantas invasoras para intentar controlalas.
Boiro Verde participou con moitos outros voluntarios. Reunimonos as 10h da mañá, e despois dunha charla sobre as plantas autóctonas e as invasoras, puxémonos mans a obra.
Nas seguintes fotos mostrámosvos como foi esta actividade.
Esperamos repetila pronto, manteremosvos informados de esta e outras actividades de Boiro Verde.