Actividades 2011:
- Obradoiro de reciclaxe: Na rúa peonil durante a mañá fixéronse lapiceiros, maracas, todo con material de refugallo.
- Limpeza da praia de Barraña: Alumnos de diferentes centros de boiro e a Asociación AMICOS e ÁMBAR colaboraron con nós. Cos materiais que se recolleron elaborouse unha escultura que agora está instalada no paseo de Barraña.
- Festa ecolóxica: Coa inauguración da escultura fíxose unha festa na que asistiron os membros de AMICOS, AMBAR e os colaboradores de Boiroverde. Este día tamén se fixeron xogos para os nenos e entregouselle unha árbore para que logo prantasen.
- Pintada do muro da rúa peonil: O muro que antes estaba en condicións desfavorables coa colaboración dun pintor rianxeiro que deseñou as figuras do muro.
- Apadriñamento de árbores: Os nenos que naceron durante o ano 2011 apadriñaban unha árbore que prantaron os pais e procuraban o coidado ata que os nenos tivesen autonomía para facerse eles coa responsabilidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario