Glosario
Contaminación ambiental. É a presenza no ambiente de calquera axente (físico, químico e biolóxico) en lugares, formas e concentracións que podan ser nocivos para a saúde, a seguridade ou para o benestar da poboación.
Crise ambiental. Perturbación xeral do ambiente, xestado polo home e/ou os fenómenos naturais. Sumada a unha crise política, económica e incluso dun pobo, á incapacidade de planificación, o abuso e destrución dos recursos naturais e a exxploación do ambiente máis alá do soporte e recuperación. Esta crise pode levar a unha situación de desastre xera que orixina fame, migracións multitudinarias, ecorrefuxiados e desorde social.
Crise ambiental. Perturbación xeral do ambiente, xestado polo home e/ou os fenómenos naturais. Sumada a unha crise política, económica e incluso dun pobo, á incapacidade de planificación, o abuso e destrución dos recursos naturais e a exxploación do ambiente máis alá do soporte e recuperación. Esta crise pode levar a unha situación de desastre xera que orixina fame, migracións multitudinarias, ecorrefuxiados e desorde social.
Desenvolvemento. Crecemento equitativo en harmonía coa natureza.
Desenvolvemento económico. Concepto máis amplo que crecemento económico. Forma parte do desenvolvemento sostible. Este proceso debe ir acompañado do desenvolvemento humano –ou social- e do ambiental.
Desenvolvemento sostible. Basease en deixar para as futuras xeracións os suficientes recursos sociais, económicos e ambientais para que podan disfrutar, a lo menos, do mesmo grado de benestar que o actual. Na práctica, trátase non só de manter os recursos, senón de potencar as áreas máis desfavorecidas.
Ecoloxía. Ciencia que estuda as relacións dos seres vivos entre si e co medio que nos rodea.
Ecosistema. É o conxunto da biocenese (comunidade viva) máis o biotipo (medio que nos rodea). A función do ecosistema é controlar como flúe a enerxía e como circula a materia.
Ecosfera: Conxunto formado por todos os ecosistemas que constitúen a Terra ou, o que é o mesmo, a ecosfera é o grande ecosistema planetario.
Ecosfera: Conxunto formado por todos os ecosistemas que constitúen a Terra ou, o que é o mesmo, a ecosfera é o grande ecosistema planetario.
Educación Ambiental. Educar “sobre”, “en”, “a favor” do ambiente: educar ás persoas e
á sociedade para cambiar as relacións co medio ambiente.
A EA (Educación Ambiental) é o proceso de recoñecer valores e clarificar conceptos para desenvolvelas destrezas e actitudes necesarias para comprender e apreciarlas interrelacións entre o home, a súa cultura e as condicións biofísicas. A EA tamén contempla a práctica na toma de decisións e a autoformación dun código de conduta acerca das cuestións que afectan á calidade ambiental”. (Definición proposta por a IUCN (International Union for the Conservation of Nature and Natural Resources), nun encontro internacional sobre a EA no curriculum escolar celebrado en Nevada-USA)
Efecto sumidoiro: a cubierta vexetal –a través da asimilación do carbono pola fotosíntese– actúa como sumidoiro de CO2, almacenando en maior cantidade e persistencia canto máis evolucionada sexa a súa estrutura. Posteriormente este carbono pode ser oxidado mediante procesos de respiración ou almacenado en estruturas máis ou menos complexas que poden renovarse continuamente ou persistir durante moito tempo (materia orgánica do solo, humus, madeira, etc.). Este instrumento permite descontar das emisións brutas o aumento na captación de carbono polos ecosistemas forestais e agrícolas durante o período de compromiso con respecto a 1990.
Eutrofización. Aporte ao mar de elementos químicos inorgánicos como N e P, procedentes de efluentes urbáns, dando como resultado un incremento na fotosíntese producindo grandes cantidades de algas. A Eutrofización produce de maneira xeral un aumento da iomasa e un empobrecemento da diversidade.
Globalización. Proceso económico, tecnolóxico, social e cultural a gran esca,a que consiste na crecente comunicación e interdependencia entre os países do mundo unificando os seus mercados, sociedades e culturas, a través de transformacións sociais, económicas e políticas que lle dan un carácter global.
Impacto ambiental: Calquera modificación tanto na composición coma nas condicións do contorno introducida pola acción humana, pola cal se transforma o seu estado natural e, xeralmente, resulta danada a súa calidade inicial.
Madurez ecolóxica: Estado no que se encontra un ecosistema nun momento dado do proceso de sucesión ecolóxica. Este proceso só da comezo nuns estadios iniciais e pouco maduros, nos que unha comunidade sinxela e pouco esixente coloniza un territorio sen explotar, e chega ata os estadios máis avanzados e maduros de biocenoses máis organizadas.
Medio ambiente. Conxunto de compoñentes físicos, químicos, biolóxicos e sociais capaces de casar efectos directos ou indirectos, nun plazo curto ou longo, sobre os seres vivios e as actividades humáns.
Nicho ecolóxico. Límites de condicións ambientais nos cales unha especie pode sobrevivir, crecer e reproducirse.
Parque natural. É un espazo natural protexido cuxa competencia é exclusiva das comunidades autónomas. Polo xeral é dunha extensión ampla, non sufriu unha transformación sensible pola explotación ou ocupación humana e a súa beleza natural, fauna, flora e xea (isto é o conxunto xeomorfolóxico que o conforma) considéranse mostras singulares dunha determinada comunidade autónoma. Non obstante, a denominación de parques naturais pode compatibilizarse coa presenza do home e das súas actividades.
Parque natural. É un espazo natural protexido cuxa competencia é exclusiva das comunidades autónomas. Polo xeral é dunha extensión ampla, non sufriu unha transformación sensible pola explotación ou ocupación humana e a súa beleza natural, fauna, flora e xea (isto é o conxunto xeomorfolóxico que o conforma) considéranse mostras singulares dunha determinada comunidade autónoma. Non obstante, a denominación de parques naturais pode compatibilizarse coa presenza do home e das súas actividades.
Protocolo de Montreal. Tratado internacional deseñado para protexer a capa de ozono, reduciendo a produción e consumo de substancias que se estudou que reaccionan coa capa de ozono e se cre que son responsables polo esgotamento da mesma.
Protocolo de Kyoto. Sucesor da Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático, é un dos instrumentos xurídicos internacionais máis importantes destinados a loitar contra o cambio climático. Contén os compromisos asumidos polos países industrializados de reducir as súas emisións de algúns gases de efecto invernadoiro, responsables do quencemento global. As emisións totais dos países desenrolados deben reducirse durante o 2008-2012 ao menos nun 5% respecto aos niveis de 1990.
Recurso natural: Todo aquilo que a humanidade obtén da natureza para satisfacer as súas necesidades físicas básicas e outras necesidades froito das súas apetencias e desexos.
Risco: Toda condición, proceso ou evento que pode causar danos personais (feridas, enfermidades ou morte), perdas económicas ou danos ó medio ambiente.
Sendeirismo. Práctica deportiva que se desenvolve preferentemente pola rede viaria tradicional e que está enfocada a todas aquelas persoas as que lle gusta camiñar. Caracteríxase por ser practicada por todo o territorio espalol e en calquera época do ano, require do practicanete unha escasa preparación técnica e física e utilizar materiais apenas especializados.
Transferencia de derechos de emisión: permite que os países cun “exceso” de unidades de emisión –presumiblemente por alcanzar una redución superior ao seu compromiso– vendan ditos créditos nun mercado internacional regulado a aqueles países que non podan cumprir co seu compromiso. Baixo este mecanismo acuñouse o termo de “aire quente”, referido ao potencial de venta de unidades de emisión que teñen os países da antiga orbe soviética, non tanto pola mellora dos seus sistemas produtivos como pola crise económica que padecen. Así, a venda de ditas cotas non responde a unha redución real de emisións senón coxuntural.
Valencia ecolóxica: Campo ou intervalo de tolerancia dunha especie respecto a un factor calquera do medio (luz, temperatura, humidade, fósforo, nitróxeno,...) que actúa como factor limitante.
Valencia ecolóxica: Campo ou intervalo de tolerancia dunha especie respecto a un factor calquera do medio (luz, temperatura, humidade, fósforo, nitróxeno,...) que actúa como factor limitante.
No hay comentarios:
Publicar un comentario