miércoles, 9 de enero de 2013

O colexio ribeirense O Grupo incorpórase ao proxecto «Recíclate con Sogama»

A Sociedade Galega do Medio Ambiente forneceu unha illa de reciclaxe ao colexio ribeirense O Grupo, que se adherido ao proxecto Recíclache con Sogama, xestionado a través do Plan Proxecta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Os alumnos do centro Emilio Navasqües de Outes xa participaron o ano pasado nesta iniciativa.

A comunidade educativa destes colexios xa ten ás súas disposición tres colectores ecolóxicos de 120 litros de capacidade, fabricados a partir de cana de azucre e instalados en lugares crave para que os estudantes e profesores poidan participar de forma activa no sistema de recollida selectiva.

A través deste proxecto específico e en colaboración con Sogama ensinarase aos pequenos que o recipiente de cor amarela destínase aos envases de plástico, latas e briks; que o azul se reserva para papel e cartón e que o verde alberga os restos non reciclables.
Tal e como explicaron desde Sogama, o obxectivo é que os nenos «logren interiorizar que vos residuos están conformados por recursos que só poderán poñerse en valor ser capaces de segregalos e envialos á reciclaxe». O xesto traerá consigo beneficios ambientais.


No hay comentarios:

Publicar un comentario