O pasado día 27 de Abril fixemos unha actividade con
personas maiores no Centro Social para recadar información para o calendario de
cultivos. Aproximadamente acudiron unha decena de personas de Boiro,
participantes tamén dos Talleres de Memoria que organiza a Cruz Vermella en
distintos puntos do concello. O obxetivo de esta actividade era ademáis da
recadación de información, compartir un rato do noso tempo coas personas
maiores e aprender dos seus debates sobre temas agrícolas.
A partir da primeira dinámica de presentación, comezou o
debate. Nós necesitamos saber en que tempo se pranta e se recollen diferentes
cultivos, para iso comezamos cunha rolda de preguntas que trataba sobre cada
cultivo de un en un. Falamos sobre as influencias da lúa á hora de prantar
cultivos como as patacas (“a lúa chea todo o chea”), do tratamento que se lle
daba antiguamente á terra (cunchas, argazo, cinzas,…), e de moitas cousas máis
que nos foron de moita utilidade para a elaboración do calendario.
Agora sí, ao meu parecer esta foi unha actividade das
máis interesantes das que levamos facendo. Unha pequena experiencia
interxeneracional enriquecedora non só para as personas interesadas no
medioambiente ou en aprender a prantar cultivos, senón tamén para personas que
coma min desfrutan escoitando aos nosos maiores. Foi un debate que ao meu
parecer canto máis avanzaba máis cara atrás no tempo nos levaba, pois os
participantes ademáis de falar da súa propia experiencia e coñecementos
lembraban o que a eles lles fora aprendido polos seus pais e os seus avós.
En definitiva só me queda dicir que a min a realización
desta actividades me ilusionou moito máis para a continuación do calendario de
cultivos que estamos a facer. Espero que sexa de moita utilidade para as
personas que coma min non teñan a sorte de ter a un maior na casa que lle
aprenda simplemente cando e como se ten que prantar unha leituga.
Raquel Cespón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario