O Mediterráneo agoniza.
O Mediterráneo é o mar máis contaminado segundo o maior estudio científico sobre os mares e océanos. O Mediterráneo é o cuarto mar con máis diversidade de especies do planeta, pero tamén son as máis ameazadas. Conta cunhas 17.000 especies mariñas descritas. Moitas delas son de gran importancia ecolóxica e se deixan de facer súa función, afectaran o mal desenrolo do medio ambiente, prexudicándonos a todos . Os problemas que ten o Mediterráneo son todos debidos a acción do ser humano, polo que temos que poñernos a reflexionar sobre o que lle estamos facendo, a este mar e mais a toda Terra.
A continuación, nomeamos as accións que prexudican o Mediterráneo :
- A urbanización do litoral vai acompañada da contrución de portos, paseos marítimos, diques, praias artificiais, rexeneración de praias, … que degradan os ecosistemas costeiros. A introdución de estruturas no litoral altera as correntes mariñas, o que acelera a erosión e regresión das praias e a colmatación de portos destrúes a vexetación do fondo, que a súa vez suxeitaba a área. A extracción de área para rexenerar praias danadas diminúe a biodiversidade acentuando o problema. A administración segue ca política de parchear e evita buscar solucións a largo prazo. O 90% do litoral vese afectado polos fenómenos de regresión, ao que non é allea a subida do nivel provocada polo cambio climático, sendo as praias as que máis o sofren.
- Aparte da destrución do seu hábitat , como se pon de manifesto arriba, tamén están os problemas da pesca sen control, o quentamento global, a contaminación, chegada masiva de abonos agrícolas e augas residuais , que están golpeando a miles de especies que viven neste mar.
- O Mediterráneo é a rexión máis ameazada para as mantaraias e os tiburóns.
- O atún vermello sofre a pesca masiva.
- O Mediterráneo é, ademais, a rexión co maior número de especies invasoras, 637, aproximadamente un 4% de todas as especies que habitan na zona. Unha delas é a Caulerpa taxifolia, ou alga asesina, intruducida no Mediterrráneo ao ser liberada por accidente dun acuario de Mónaco en 1984. Esta especia é típica de augas tropicais e temdia polo seu rápido crecemento, creou unha alfombra no fondo mariño expulsando a Posedonia oceánica, que forma as pradeiras mariñas da que se a alimenta a fauna mariña mediterránea. Outro caso de especie invasora é a medusa Mnemiopisis leidyi , chegou en barco as augas europeas , procedente do noroeste do Atlántico e que en 2009 se expandiu por España, provocando un colapso das población de anchoa e causando graves perdas económicas.Moitas destas especies invasoras proceden de augas tropicais e vence favorecidas polo quentamento das augas. Algunhas especies ameazadas do Mediterrráneo inclúen corais de augas frías e profundas. Son incapaces de escapar do quentamento da auga e as súas población están disminuíndo.
- Máis de 140 millóns de persoas viven nas costas do Mediterráneo e outros 175 millóns visitan a rexión cada ano. En 2025, a mitade do litoral mediterráneo estará urbanizado, sepultado polo cemento.
Hai que axudar ao agonizante Mediterráneo e RÁPIDO .
No hay comentarios:
Publicar un comentario