As
fragas do Eume declaráronse parque natural en 1997. Conta cunha
extensión de máis de 9.000 hectáreas, rodeando o río Eume ó seu
paso polos concellos de Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e As
Pontes de García Rodríguez. Están consideradas como un dos
mellores bosques atlánticos do continente europeo, e destaca pola
súa magnífica conservación.
O
pasado 31 de marzo, un incendio calcinou 750 hectáreas das Fragas do
Eume, 300 delas consideradas de alto valor ecolóxico. As primeiras
medidas tiveron como obxetivo extinguir o lume. 3 días despois,
chegaron as primeiras chuvias febles que humedeceron a zona
devastada.
Ante
a preocupación de que aparecesen chuvias máis fortes, que poderían
arrastrar os sedimentos e deixarían o chan desprotexido e que
contaminarían o cauce e desembocadura do Eume, 8 días despois de
extinguido o incendio a Xunta colocou barreiras biodegradables para
que impedisen o arrastre da cinsa.
Outra
medidas que se están a levar a cabo son a execución de traballos
para estabilizar o chan nas zonas máis afectadas e o repaso e
mellora da rede de drenaxe de auga de escorrentía e chuvia.
Ata
o momento, son as últimas informacións que temos da Xunta de
Galicia, que se remontan ó pasado 12 de abril. Estamos á espera de
máis novas en canto á situación na que se atopan actualmente as
fragas logo das chuvias deste último mes.
Fontes:
No hay comentarios:
Publicar un comentario