A actividade está financiada polo Grupo de Acción Costeira 5
Por segundo ano consecutivo, a confraría de Rianxo levou á práctica o proxecto Ecomar, que comeza agora e desenvolverase ata abril. Trátase dunha iniciativa formativa que inclúe un amplo número de actividades encamiñadas a grupos sociais do sector pesqueiro, discapacitados, asociacións locais, de hostalería ou centros educativos.
A presentación de Ecomar será o venres a as19.00 horas no auditorio de Rianxo e está previsto que acuda a conselleira do Mar, Rosa Quintana. Durante o acto do trinque, os asistentes poderán gozar dunha degustación de produtos que, como non podía ser doutro xeito, procederán de medio mariño. O proxecto Ecomar inclúe, de xeito paralelo e mensual na vila rianxeira, unha serie de charlas de carácter público nas que se abordarán temas de interese ou de actualidade vinculados ao sector marítimo e serán tratados polos propios profesionais do mar. Tamén está prevista a unión dos profesionais da pesca cos da hostalería de Rianxo para a organización do día da Tapa. Esta iniciativa levará a cabo tamén unha vez ao mes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario