martes, 11 de diciembre de 2012

Campaña; COMPARTE O TEU COCHE


Boiroverde e o departamento de medio ambiente de Boiro promoven unha nova campaña de sensibilización ambiental: Compartir o teu coche

A situación económica actual  e o aumento da sensibilización polo coidado do medio ambiente provocaron no ultimo ano o xurdimento de iniciativas novidosas sobre cambios nos hábitos de consumo e uso dos recursos, feito que tamen afecta a forma de viaxar, nesta ocasión o colectivo de rapaces que forman o proxecto de sensibilización ambiental Boiroverde, propoñen unha iniciativa local para compartir medios de transporte nos desprazamentos. Esta iniciativa está apoiada polo departamento de medio ambiente do Concello de Boiro que dirixe Juan Antonio Moledo.

Con esta iniciativa pretenden ademais de crear unha rede de conexión entre persoas que deban desprazarse e dispoñan de horarios similares (estudiantes, traballadores..),  concenciar a cidadanía dos beneficios de compartir coche no Medio ambiente, ca reducción da emisión de gases nocivos para o entorno e a reducción da contaminación acústica, na Economía a través de compartir gastos no consumo de combustible e por ultimo no tráfico e aparcamento ca reducción das conxestións do tráfico e evitando o problema de aparcamento.

Como funcionará esta iniciativa?

Para formar parte de este proxecto debes inscribirte na OMIX do Concello de Boiro, onde deberás cubrir unha ficha de inscrición indicando as tuas necesidades de destino(Boiro-Ribeira-A Coruña-Santiago) e horario, ademais poderás escoller entre inscribirte como pasaxeiro ou conductor do vehículo, posteriormente te pondrán en contacto cas persoas que compartan as túas necesidades á hora de desprazarte.

Para mais información  sobre esta campaña podes acudir ao Centro Social de Boiro(1º andar) ou contactar mediante teléfono(981842635) ou correo electrónico(omix@boiro.org).

Descarga aquí a ficha de inscrición.

No hay comentarios:

Publicar un comentario