A empresa, FCC, ten permiso para construír unha central de cogeneración
Sete meses despois de que Fomento de Construcións e Contratas (FCC) solicitase a autorización administrativa para a execución dunha central de microcogeneración de biogás na planta de Servia, a Consellería de Industria informou favorablemente a iniciativa dando luz verde ao proxecto. A idea é aproveitar os refugallos orgánicos do vertedoiro de rexeitamentos do complexo ambiental radicado en Lousame para xerar electricidade.
O biogás é un efluvio que se orixina pola acción das bacterias no proceso de biodegradación da materia orgánica, e para conseguilo utilízanse todo tipo de residuos, desde sólidos urbanos a gandeiros e incluso lodos de depuradora. No caso da planta de Servia, empregaranse os desfeitos do vertedoiro de rexeitamentos para xerar electricidade a través dunha pequena central que, segundo as condicións da autorización concedida pola Xunta, deberá empezar a funcionar dentro dun ano e medio.
O proxecto inclúe a instalación de dúas microturbinas de gas cunha potencia eléctrica de 65 quilowatts, un xerador de calor para producir auga quente e unha unidade de tratamento de biogás.
Unha vez que os distintos departamentos autonómicos implicados deron o seu visto e prace, presúmese que o inicio dos traballos para acondicionar a instalación está próximo. O proceso para obter a autorización comezou o 14 de maio, un mes máis tarde decidiuse non someter o proxecto ao trámite de avaliación de impacto ambiental e o 10 de outubro a xefatura territorial da consellería emitiu o informe favorable.
No hay comentarios:
Publicar un comentario