lunes, 23 de abril de 2012

Aquí vos achegamos unha experiencia máis.


Era unha tarde apagada, encapotada na que nada incitaba a saír da casa...pero tiña que ir aos talleres de memoria que organiza a Cruz Vermella para difundir e facer participes do proxecto Boiro Verde aos maiores que asisten a eles. Os meus ámbitos de actuación foron Cabo de Cruz e Abanqueiro.
Estaba algo nervioso, porque negalo, asi que para ter todo baixo control decidinme ir unha media hora para atallar calquer imprevisto, verme ca monitora, explicarlle quen era, que ia dicir e pedirlle a súa axuda se me veia necesitado dela. Alomenos esa era a idea.
Cheguei sobre as catro ao centro sociocultural e eiqui a miña primeira traba: non sabia onde se realizaban os talleres, ningún cartel ou anuncio o aclaraba. Ante esta primeira dificultade de carácter labiríntico (imaxinádevos un bo numero de habitacións sen ningún indicador e ninguén a quen preguntarlle) unhas señoras viñeron a miña axuda. Resulta que elas ían ao taller de memoria pero pasáballes o mesmo, recentemente cambiaran as aulas por iso non había carteis nin nada. Outras compañeiras uníronsenos e atopamos o sitio en cuestión, amplia na que se xuntaban de 20 a 25 mulleres. E curioso como solo atopei a un home nos talleres aos que asistín.
Pouco a pouco foron chegando e as preguntas acerca da miña persoa afloraron: era o novo profesor?  Que iamos a facer ese dia? Unha delas dixome que lle sonaba a miña cara, senón era de por aquí, de quen era? (creo que foi a pregunta mais dita). Outra sacoume a colación dunha foto do periódico, ese marasmo de curiosidade case me engule non podendo satisfacer a todas as dudas acerca da miña persoa e esbozando un sorriso. Certamente e encomiable como xente que viviu tanto aínda ten ansia de coñecemento e comprensión do seu entorno, e unha actitude ante a vida que admiro, foron moi receptivos. Por iso tan pronto chegou a monitora e me presentei ante todos por enésima vez vía toda esa atención enfocada en min. Nuns momentos expliqueilles o proxecto de Boiro Verde, agradecinlles a súa colaboración no calendario de cultivos e que contabamos ca súa asistencia o vindeiro 27.
O meu discurso funcionou (ou foron tan amables como para non denotar outra cousa) e dinlles as gracias a todas, iso valeume un aplauso e un bombón, de todo corazón acepteino ca sua simpatía. Espero atoparme con eles e cas seus sorrisos o 27.
Esta foi a miña experiencia nos talleres de memoria e cos nosos maiores en Abanqueiro e Cabo de Cruz.

No hay comentarios:

Publicar un comentario