Esta semana entregouse nos Talleres de Memoria de Cruz Vermella -concretamente o martes e o xoves- as fichas en relación coa plantación e recolleita dos cultivos, ficha que nos servirá para o deseño principal do calendario.
Tamén quedamos para a planificación da ruta: decidimos a ruta que íamos facer, o horario e todo o material imprescindible para recoller toda a información precisa na posterior realización da topoguía, os carteis e o tríptico. Estivemos en contacto con un dos membros de vintedouspés, que nos asesorou á hora de deseñar a ruta de sendeirismo.
O venres tivemos unha reunión para aclarar por onde pasaría a ruta e os puntos nos que nos encontraríamos os vertedoiros incontrolados. Finalmente o sábado realizamos a ruta. Resultou ser dunha duración de case tres horas con paradas en puntos de interés incluídas. Aínda así posteriormente decidimos prescindir dunha pequena parte para non arriscarnos a que fose demasiado longa.
Iso foi todo por esta semana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario