Nesta semana, como todos os lunes, achegámonos a Radio Boiro, na cal falamos do aprazamento das actividades do día 17 pola situación meteorolóxica, para o día 24 de abril ás 12 da mañá na rúa peonil. Tamén comentamos outra actividade a desenvolver que é o "calendario de cultivos" con persoas maiores, convidándoos a participar nas mesmas.
Tamén cambiamos os carteles informando de que se aprazaban as actividades.
Noutras das quedadas tamén se realizou unha listaxe cos cultivos a contemplar na ficha que se realizaría a semana seguinte coas persoas maiores nos "Talleres de Memoria", os cales leva a cabo Cruz Vermella.
No hay comentarios:
Publicar un comentario