Actividade en relación co consumismo e a conseguinte repercusión no cambio climático
Trátase dunha dinámica útil en
contextos educativos, sen facer distinción de contextos educativos formais nin
non formais ou informais, para concienciar en materia de educación ambiental e
cambio climático con respecto ao que comemos/consumimos no noso día a día e así
reflexionar sobre as súas repercusións. Concretamente, recomendada a traballar
con xóvenes de 12 ou 13 anos en diante.
Consiste en recompilar a dieta
semanal da familia (as porcións de cada alimento, bebidas… por exemplo; unha
bolsa de patacas, doce barras de pan semanais, “x” refrescos, tantas garrafas
de auga, tantos gramos de embutido, legumes, etc) e así realizar un mural con
él; o cal se podería levar a cabo tanto coa realización de fotografías do mesmo
ou recortes de revistas (como poden ser as do supermercado, imaxes de
internet,..). Posteriormente, tendo a dieta semanal realizada, procederíase a
analizar os seguintes aspectos:
Ficha de análise
|
||
Relación co Cambio Climático
|
||
Tipos de alimentos (cereais, carnes, bebidas)
Que predomina?
|
||
Estado (secos, frescos, precociñados, refrixerados)
Que predomina?
|
||
Presentación (envasados, a granel)
Que predomina? Que materiais empregan?
|
||
Tipo de cociña.
Utilizan electrodomésticos
para cociñalos / conservalos? Que enerxía empregan para cociñalos?
|
||
Procedencia.
Son comprados, producidos
pola mesma familia ou obtéñense grazas ao troque? Onde os compran (tenda,
mercado, supermercado)?Que medio de transporte empregan? De onde proceden
(domésticos, localidade, rexión, país, importación)?
|
||
Residuos.
Que residuos xeneran?
Como se tratan?
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario