Durante estas semanas estivemos organizando a actividade do calendario de Cultivos e para elo, achegámonos ata os Talleres de Memoria da rede de Centros Sociais do Concello de Boiro. Estes talleres foron repartidos na medida da dispoñibilidade de cada un.
O xoves pasado tocoume ir ata o Taller de Memoria de Cures, donde ao informar da nosa actividade, os maiores se mostraron moi interesados e con ganas de participar. Mentres se lles explicaba o desenvolvemento da recollida de información para a realización do calendario, tamén lles mostramos a opción de facer un debate, xa que existen diferentes tempadas de cultivo para algúns productos. Como anécdota, contarvos que dúas señoras incluso se puxeron a debater cando se debían cultivar as patacas.
Hoxe, dúas monitoras achegámonos ata o Taller de Memoria de Boiro para informar ao grupo dos xoves desta actividade. Non se mostraron tan interesados como os do grupo de Cures, algunha persoa ao decirlle que nos gustaría que participasen con nós, xa que eles son os que máis saben de estas cousas dixonos que, algúns andan pouco enterados no tema coma nós.
A visita a estos talleres servíronnos para armarnos de valor e enfrontarnos a un grupo de xente, algo que a algúns de nós nos segue costando un pouquiño máis que a outros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario