lunes, 2 de abril de 2012
SITUACIÓN NAS FRAGAS DO EUME
O incendio que comezou no mediodía do sábado no municipio de A Capela segue activo pero controlado, segundo informa a Xunta, quen ademais fala a esta hora de 750 hectáreas queimadas, das que 500 serían de superficie arbolada e 250 de monte raso. Estes datos son provisionais, e xa hai quen asegura que son preto de 2000 hectáreas as que se perderon, unha cifra ofrecida polo Alcalde de A Capela, Manuel Meizoso.
Para esta tarde, a partir das 20.30 horas, están convocadas varias concentracións nas principais cidades galegas:
- A Coruña: entorno do Obelisco
- Vigo: fronte ó Sireno
- Santiago de Compostela: Praza do Obradorio
- Pontevedra: Praza da Ferrería
- Lugo: fronte ó Concello
- Foz: diante da delegación de Facenda
Ademáis, ás 20 horas, presentarase en Pontedeume unha Plataforma en Defensa das Fragas do Eume.
Dende o colectivo Boiroverde amosamos a nosa preocupación e tristeza polo acontecido.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2012/04/02/lluvias-intensas-pueden-contaminar-rio-eume-aumentar-erosion-fragas/00031333360148786371505.htm
http://praza.com/ciencia-e-tecnoloxia/555/a-xunta-admite-que-ainda-desconece-a-extension-do-desastre-das-fragas-do-eume/
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2012/04/01/concentraciones-principales-ciudades-gallegas-incendio-fragas-eume/00031333295062019929567.htm
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario