As actividades de Boiroverde comezarán a partir da presentación que terá lugar este 10 de Marzo ás 12:00 no Centro Social de Boiro. A ela ademais de haber dous representantes dos monitores que organizan Boiroverde acurdirán un representante dos voluntarios da Cruz Vermella, o Concellleiro de Xuventude e o Concelleiro de Medioambiente do Concello de Boiro.
A seguinte actividade prevista será o próximo sábado 17 de Marzo, día no que realizaremos actividades e dinámicas de sensibilización e reciclaxe para nenos na rúa peonil. Entre as próximas actividades están unha ruta de sendeirismo e unha xornada de amadriñamento de árbores.
Estades tod@s convidad@s||
No hay comentarios:
Publicar un comentario