Esta semana, o noso grupo de traballo púxose en marcha coa organización da presentación do proxecto Boiroverde, que será mañá no Centro Social de Boiro ás 12:00h; e das actividades que realizaremos o día 17 de marzo. Pretendemos que o noso proxecto teña a máxima difusión e poida chegar á maior parte dos cidadásn para que así tomen conciencia da necesidade do respeto e o coidado do medio ambiente.
Tratamos que as actividades do día 17 de marzo na Rúa Peonil de Boiro que estamos organizando sexan o máis implicadoras e dinámicas posibles, sobre todo para os máis pequenos. Terán lugar obradoiros de reciclaxe e reutilización de materiais e xogos dinámicos. Tamén contamos coa colaboración do viveiro de Espiñeira, que nos cederá un agasaio para os máis pequenos que participen con nós.
No hay comentarios:
Publicar un comentario