viernes, 16 de marzo de 2012

A situación dos lumes é esta:

A Consellería do Medio Rural e do Mar informa da situación dos lumes con datos recollidos ata ás 08:30 horas de hoxe
Santiago, 16 de marzo de 2012.- A Consellería do Medio Rural e do Mar informa da situación actual dos lumes rexistrados en Galicia, co repaso de datos e actualización dos mesmos.
LUGO
ACTIVO
Samos-Lóuzara (máis de 200 hectáreas)
Arestora permanece activo un lume forestal rexistrado na parroquia de Lóuzara, no municipio da Samos, que comezou ás 15:56 horas de onte xoves e que, segundo as primeiras estimacións provisionais, afecta a unha superficie de máis de 200 hectáreas. Na súa extinción traballan 3 técnicos, 12 axentes forestais, 13 brigadas, 10 motobombas, 1 pala e 2 helicópteros.
OURENSE
EXTINGUIDO
Allariz-Coedo (140 hectáreas, a metade en raso)
O lume que tivo lugar na parroquia de Coedo, no municipio ourensán de Allariz, quedou extinguido ás 03:40 desta madrugada. Comezara ás 14:00 horas de onte xoves e segundo as últimas estimacións provisionais a superficie afectada foi de 140 hectáreas, a metade de monte raso. Cómpre insistir en que esta estimación é provisional, mentres o lume non sexa xeoreferenciado, para ter unha información máis precisa.
Nos labores de extinción traballaron 8 axentes forestais, 11 brigadas, 2 palas, 9 motobombas, 6 helicópteros e 6 avións, así como efectivos da Unidade Militar de Emerxencias.
PONTEVEDRA
ACTIVO
Rodeiro (máis de 20 hectáreas)
No concello de Rodeiro, parroquia da Portela, arestora permanece activo un lume que, segundo as primeiras estimacións provisionais, afecta a unha superficie de máis de 20 hectáreas. Iniciouse ás 04:53 desta madrugada e na súa extinción traballan 1 técnico, 2 axentes forestais, 2 brigadas e 2 motobombas.
EXTINGUIDO (25 hectáreas, 15 en raso)
Vila de Cruces
O lume forestal rexistrado no concello pontevedrés de Vila de Cruces, na parroquia de Besexos, quedou extinguido ás 02:15 horas desta madrugada, tras terse iniciado ás 18:04 da tarde de onte xoves. Segundo unha primeira estimación provisional, afectou a unha superficie de 25 hectáreas, das cales 15 corresponden a monte raso e o resto a arborado.
Nos labores de extinción deste incendio participaron 6 axentes forestais, 5 brigadas, 4 motobombas

No hay comentarios:

Publicar un comentario