martes, 6 de marzo de 2012

O funcionamento do blog

Este blog dividiráse nos seguintes  bloques:

  • Os monitores informan: En todos os posts con esta etiqueta iremos contanto como vai o proceso de organización e planificación das actividades que vaiamos preparando.
  • Grupo de consumo: Toda a información sobre o grupo de consumo no que traballamos.
  • Información medioambiental: Novas de actualidade sobre o medio ambiente tanto no noso concello, na nosa comarca ou no mundo enteiro.
  • Os participantes opinan: Neste apartado iremos colgando videos, fotos e experiencias dos participantes das actividades de Boiroverde.
  • Boiroverde denuncia: Neste apartado colgaránse as fotos denuncia que atopemos ao longo da realización do proxecto.
  • Actividades: Avisos sobre as actividades que iremos realizando.
Estas etiquetas resultarán útiles na procura de información e artigos no blog.

No hay comentarios:

Publicar un comentario