martes, 13 de marzo de 2012

Por que non se sabe nada de Bhopal?



            O desastre de Bhopal, que tivo lugar na India no 1984, foi causado por unha fuga de isocionato de metilo nunha fábrica de pesticidas ao cargo da compañía estadounidense Carbide (empresa de pesticidas). O accidente causou a morte de entre 30.000 e 50.000 persoas asfixiadas e outro tipo de consecuencias a longo prazo como son a contaminación de sustancias tóxicas que tardarán moitos anos en desaparecer, enfermidades ao igual que nacementos de persoas con malformacións. Estamos ante un accidente industrial a escala mundial que debería considerar o máis grave da historia da humanidade.

            Aínda que a catástrofe aconteceu en 1984, na actualidade é esquecida, aínda que a se trata do accidente industrial máis grave da historia, segue afectando ás persoas que viven nestes momentos alí.

            Deixámosvos tamén aquí a referencia do documental "Unha nube sobre Bhopal" do 2001, está baseado en feitos reais que ocorreron nun pobo da India chamado Bohpal. Xa antes de que se creara o documental os autores Dominique Lapierre e Javier Moro escribiron un libro sobre os acontecementos que alí sucederan, que ten por título: “Era media noite sobre Bohpal”.

            O documental está baseado no libro e alude á multinacional norteamericana (Union Carbide) que se instalou na cidade de Bohpal, a cal pertencía a Estados Unidos. Tratábase dunha industria química que orientaba as súas investigacións para producir produtos e así acabar cos insectos. 

            A instalación da fábrica no pobo tivo gran acollida no seu inicio, posto que moita da xente podería mellorar a súa empregabilidade. 

            A súa finalidade era exterminar as pragas de insectos que destruían os cultivos daquela zona, pero co que non se contaba era coa realidade da India que estaba sometida a secas e a excesivos monzóns. Isto provocou que os campesiños deixasen de comprar o pesticida sevin, xa que quedaron arruinados polos fenómenos metereolóxicos, non alcanzando as expectativas de vendas que tiñan depositadas sobre Bhopal os da multinacional.

            O pesticida que na fábrica que se producía era o sevin, que era inocuo pero altamente perigoso porque se usaba o metilo para a súa fabricación (gas moi volátil capaz de reaccionar con calquera contaminante exterior ou con auga). O metilo, altamente perigoso, era producido na mesma fábrica, e para conservalo construíronse tres enormes cisternas de aceiro inoxidable capaces de conter cada unha 60 toneladas de metil – isocianato.

            O domingo 2 de decembro de 1984, produciuse unha fuga do gas metil – isocianato, ocorrendo os feitos a media noite. Esta fuga orixinouse porque os sistemas de seguridade non funcionaban, así como as súas válvulas  e o gas comezou a escapar por unha delas, durante case unha hora os vapores acumuláronse sobre o depósito para finalmente formar unha inmensa nube de gas que a brisa nocturna impulsou cara a cidade. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario