No marco actual, onde os esforzos dos gobernos dos paises
industrializados están dirixidos a reducir as súas emisións de gases de efecto
invernadoiro, as enerxías renovables son, para moitos, a solución. Proba disto
é a proliferación, nos últimos anos, da enerxía eólica en Galicia.
Galicia, en si mesma, é a cuarta
potencia eólica de Europa, só por detrás de Alemania, o resto de España e
Dinamarca, e a sexta do mundo, precedida por Estados Unidos e India.
As vantaxes deste tipo de enerxía son múltiples: é limpa,
renovable, ilimitada, non contamina quimicamente nin é perigosa para o ser
humano.
Pola contra, é unha enerxía intermitente: tanto pode suministrar
o 40% de toda a electricidade como tan só o 1%. Polo que a enerxía eólica
sempre se vai ter que apoiar nas centrais térmicas.
A este problema de xestionabilidade tamén lle hai que sumar a
destrucción do terreo natural, que vai máis aló do espazo que fisicamente
ocupan, alterando a vida natural de toda a zona que os rodea, moi especialmente
a das aves. Ademais, provoca un gran impacto paisaxístico.
O debate neste eido está aberto na actualidade.
Fontes de información:
No hay comentarios:
Publicar un comentario