A obra "Inteligencia Ecológica" xira en torno á necesidade,
como postula Daniel Goleman, de aumentar o noso nivel de comprensión do impacto
ecolóxico do noso estilo de vida, combinando a intelixencia ecolóxica coa
transparencia do mercado para poñer en marcha un mecanismo que alente un cambio
positivo.
O termo “Intelixencia ecolóxica”, aínda
non sendo o creador do construto, Goleman defíneo como a capacidade
de aplicar o noso coñecemento dos efectos da actividade humana para facer o
menor dano posible ao ecosistema e vivir dun modo sustentable no nicho en que
na actualidade abarca a totalidade do planeta.
O autor tamén define a transparencia radical
como o mecanismo a través do cal se transforma
o coñecemento dos impactos que provocan os distintos produtos nunha forza que
pode influír de forma sistemática nas ventas. Sen
embargo, vai máis alá e sinala a posibilidade de necesitar dar un paso máis, a
través da innovación.
É preciso que teñamos unha información o máis
global e sinxela posíbel para poder actuar conforme aos nosos valores, sen
embargo, non sabemos ata que punto os hábitos diarios das persoas se poden
mudar prestando unha maior atención ás etiquetas e utilizando bases de datos doutro
tipo, aínda que sempre se debe albergar a esperanza de poder habituarnos a
mirar as etiquetas e así á larga que sexa un hábito máis; por outro lado, tamén
hai que ter en conta que ás empresas non sempre poden - ou non lle compensa - fabricar produtos con un
baixo impacto ambiental e que, ademais, se axusten ás demandas do mercado.
Como se ve reflexado neste libro, non é tan
sinxelo o control sobre empresas no relativo ao seu funcionamento, xa que a cadea
de suministros incorre en repeticións e en moitos casos e case imposíbel
rastrear a historia dun alimento en todas as dimensións, pois o proceso que se da
dende a extracción a eliminación final dun produto pode levarse a cabo en tantos
puntos distintos do mundo que practicamente non teñamos acceso a dita
información. Por iso en moitos casos as empresas pode que non consigan levar a
cabo a fórmula do éxito a través da sustentabilidade e a responsabilidade cara
o planeta, a saúde e o económico.
A análise do ciclo vital dun produto é
un método que comporta melloras, certo, sen embargo, só se centra nunha parte
do problema, é dicir, soamente cuantifica os impactos negativos do ciclo vital.
Ademais, a pesar da latencia que amosa no libro Goleman cara a necesidade de
estudar multidimensionalmente a cadea de suministros dun produto para así
atopar os puntos conflitivos, fai pouca ou escasa referencia ao análise do
ciclo social dun produto e, ¿Qué mellor maneira que a través da análise do
ciclo social de conseguir impactar á sociedade?
É imprescindible que tomemos conciencia do
poder que temos como consumidores a través deste proceso de aprendizaxe,
asimilando a información nova e reestruturando os criterios que inflúen á hora
de facer as nosas compras, no canto de elixir un produto en detrimento de
outro. Esta nova mentalidade dotaríanos de todo o necesario para conseguir
certamente que ao consumir se faga dunha forma máis “democrática”, en relación
ao tópico do consumo como forma de
participación política.
Estas son algunhas das moitas cuestións que se abordan nesta obra que esperamos que vos sexa de utilidade e interese.
No hay comentarios:
Publicar un comentario