Climántica (http://climantica.org/climanticaFront/gl/page/Weblog) é o proxecto de Educación Ambiental da Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe en colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Este proxecto é froito do traballo en equipo levado a cabo por diferentes expertos e que se iniciou en setembro de 2006. O equipo Climántica consta de catro grupos de traballo –didáctica, edición gráfica, multimedia e asesoría científica – que traballan coordinados mediante o uso dunha plataforma colaborativa situada na intranet da web do proxecto.
Tamén conta con materias didácticos en relación co medio ambiente a empregar tanto no ensino primario e, especialmente, no ensino secundario.
Ademais, esta páxina web tamén conta na sección da biblioteca, con unha recompilación de revistas elaboradas por cativas e cativos de diversos institutos e colexios. Achagámosvos algunhas das revistas dalgún dos colexios e institutos de Boiro.
Revista do Instituto de Secundaria Obrigatoria de Espiñeira (Boiro)
Instituto de Ensinanza Secundaria Praia Barraña Instituto Ensinanza Secundaria Praia Barraña
Fonte: http://biblioteca.climantica.org/gl/biblioteca/revistas/clmntk/clmntk-n-3
No hay comentarios:
Publicar un comentario